Senderismo Galego Club
Senderismo Galego Club

Picos de Europa- Collado Jermoso

(28-30  Xuño  2019)

 

 

Para asistir encher o documento do enlace de abaixo e ingresar o importe solicitado no numero de conta do club.

Abanca ES33 2080 0570 6430 4000 5459  Beneficiario “Sendeirismo Galego Club”. No ingreso poñede o voso nome é en concepto “Collado Jermoso”.

IMPORTANTE:

Os interesados anotadevos canto antes, posto que as reservas nos refuxios, agotanse  e nom sempre se poden garantir.

 

   Para asistir encher o documento do seguinte enlace:

Do 28 o 30 de Xuño  imos realizar unha das mas fermosas andainas de montaña que se poidan facer. Subir o refuxio Collado Jermoso nos Picos de Europa.

  Picos de Europa e un dos enclaves montañosos ,mellor conservados ,xunto con Pirineos,de todo o estado, e o refuxio collado Jermoso un dos puntos mais impresionantes que podemos realizar.

 

O EVENTO

  Situado no macizo central da Parque Nacional Picos de europa, o refuxio situase a 2064 mt, o que o fai o refuxio mais alto de Picos. Dende alí, podemos ver un  dos  atardeceres  mais fantásticos, o que nos amosa o sol metendose por Torre Santa, e que xunta a numeroso publico para velo-

 Tamen e a partida para facer diferentes cimas como o Palanca, Peñalba ou o mitico Torre Llambrion.

 Sairemos o venres, en coches propios, a hora que cada un poida. Faremos un grupo de WhatsApp para intentar encher os cohes.

   Durmiremos esa noite nun hotel da zona.

  O sábado, cedo, levaremos os coches todos menos un ata o comenzo da ruta. Esto será no porto de Pandetrave. Alí, comenzaremos a nosa caminata.

   A ruta levaranos ata o refuxio de Collado Jermoso. Unha vez no refuxio, a xente que queira, poida e teña experiencia pode acompañarnos a subir a pico Llambrión. O resto do grupo permanecerá n azoa de refuxio, contemplando unha das paixases mais fermosas que podemos ver.

  Esa noite cenaremos no refuxio, e iremos ver a posta de sol, famosa e difícilmente esquecible. Logo durmiremos no propio refuxio para coller forzas para o dia seguinte.

   O domingo cedo, almorzaremos no refuxio, e comenzaremos a baixada, que nos levará ata a vila de Cordiñanes, onde posiblemente durmamos. Alí, xantaremos e logo voltaremos para as nosas casas.

A VIAXE

Partiremos o venres 28 , coma sempre en coches propios a hora que cada un  poda. Cando o grupo este pechado, faremos un grupo de WhatsApp para intentar compartir coches. Durmiremos nunha vila moi perto do comenzó da ruta, posiblemente Cordiñanes.

A RUTA

  • Primerira parte da Ruta- Sabado 29 de Xuño

 Porto  Pandetrave - Refuxio Collado Jermoso

Unha das rutas mais clásicas da zoa. Imprescindible.  Dende o Porto de Pandetrave e pasando pola Vega de Liordes, chegamos o refuxio en 12 km, con 800 metros de desnivel. A ruta nom presenta dificultade técnica, pero hai que ter en conta que e unha travesia de montaña.

Imprescindible, botas de montaña, e roupa acorde cas condicions que nos atopemos nesas datas. Uns días antes falaremos do asunto.

HORA COMENZO- 09:00
DISTANCIA- 12,0 km
PERCORRIDO- Lineal
DUREZA- Media
DURACION- 4.00 horas
DESNIVEL ACUMULADO- 900 metros positivos

  • Segunda parte da Ruta- Domingo 30 de Xuño

Refuxio Collado Jermoso -Cordiñanes

Dende o refuxio, baixaremos directamente ata Cordiñanes. A baixada, faremola despacio, e unha baixada larga e pronunciada, pero que con tranquilidade faise sin problema.

HORA COMENZO- 09:00
DISTANCIA- 8,0 km
PERCORRIDO- Lineal
DUREZA- Media
DURACION- 4 horas
DESNIVEL ACUMULADO- 1450 metros negativos. E todo baixada.

 

O PREZO

   O prezo inclue:

  • Hospedaxe do venres 28 o sábado 29 nun hotel en habitación doble (cabe a posibilidade de habitación individual con incremento de prezo e baixo disponibilidade do hotel)
  • Hospedaxe no refuxio Collado Jermoso do sábado 29 o domingo 30 de xuño.
  • Cea no refuxio a noite do sábado.
  • Almorzo no refuxio o domingo 30
  • Rutas

   O prezo varia dependendo se estades federados ou nom. Por un lado o refuxio ten prezos distintos, para os federados e os nom federados, e por outro lado os nom federados deberedes de pagar un seguro de accidentes de montaña, por valor de 10€ (5€ sábado e 5€ domingo). Os fedesrados deberedes enviarnos os carnets federativos, ben por email a senderismogalego@gmail.com ou por WhatsApp o numero 698 128 813. Ademais deberedes levalo para presentalos no refuxio. Se nom se levan debese pagar como nom federado.

Federados- 84€ - Podese pagar en duas veces.

                             Primer pago- 48€ (o formalizar a reserva)

                             Segundo pago- 36€ (data limite 12 de Xuño)
Nom Federados- 89,5€ - Podese pagar en duas veces.

                             Primer pago- 50€ (o formalizar a reserva)

                             Segundo pago- 39,5€ (data limite 12 de Xuño)

Os pagos deben facerse na conta do club, en Abanca indicando o nome completo do asistente e en concepto poner “COLLADO JERMOSO”.

Abanca ES33 2080 0570 6430 4000 5459

Beneficiario Sendeirismo Galego Clube

En caso de nom asistencia o clube tera que cobrar do primer pago, 28€ que nom poderá ser reintegrado, para pagar a reserva individual do refuxio.

SEGURO

Federados- Sin pago extra de seguro.

Nom federados- 10€ (5€ por ruta) O seguro podedes págalo tanto no primer pago como no segundo.



  1. 1- Todo asistente DEBE TER SEGURO DE ACIDENTES DA FEDERACION DE MONTAÑA.
    2- En caso de NOM ter seguro, o asistente o evento TEN A OBLIGACION DE FACER UN SEGURO CON SENDEIRISMO GALEGO valido para ese dia, xestionado con MAPFRE cuxo costo e de 4€.
    3- SO SE PODE ASISTIR O EVENTO CUN DESTES DOUS SEGUROS.
    3- Sendeirismo Galego nom permitirá que ninguen faga o roteiro sen seguro de acidentes.
    4- Os asistentes teñen a obligación de asinar a folla de responsabilidades o inicio do roteiro.
    5- O Club reservase o dereito a limitar o numero de asistentes.
    6- O asistente ten a obligación de coñecer os estatutos do club.

Calqueira dubida comunicadevos con nos en:

www.senderismogalego.com

senderismogalego@gmail.com

698 128 813

Senderismo Galego Club
Apdo.341 36080
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 128 813
Mobil:      698 128 813
 
www.senderismogalego.com
 
Dirección de correo electrónico: senderismogalego@gmail.com
Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Senderismo Galego Club