Senderismo Galego Club
Senderismo Galego Club

Pico Espigüete –Montaña palentina

01-03 febreiro 2019

 

 

Para asistir encher o documento do enlace de abaixo e ingresar o importe solicitado no numero de conta do club que poñemos mais adiante. No ingreso poñede o voso nome é en concepto “Espiguete”.

As prazas son limitadas. Unha vez cheas avisarase o resto dos interesados publicando na nosa web e na paxina de facebook.

Do 01 o 03 de febreiro ,imos a montaña palentina, a subir o Espiguete un dos picos mais emblemáticos do norte de España.

 

OS DATOS

Durmiremos  as duas noites nunha casa rural num pobo perto das rutas.

O venres cada un chegará  a hora que poda o punto de destino en coches propios (coma sempre faremos un grupo de WhatsApp para poder compartir transporte). O chegar temos que facer unha reunión para revisar o material e deixalo listo, xa que o dia seguinte madrugaremos.

Faremos ruta tanto o sábado como o domingo, inda que este último dia será unha corta para poder xantar e voltar para casa.

NOTA IMPORTANTE

Son rutas de alta montaña, onde seguramente atopemos neve, polo tanto entendemos que toda xente que se anote ten coñecementos e uso de material invernal (crampons, piolet, arnes etc)

AS  RUTAS

Sabado 02 - Subida Pico Espigüete

 

Esta ruta depende moito do tempo. Se a climatoloxia está mal, teremos que mudar e subir outro pico. En principio tentaríamos co Espigüete (2450 mt) se nom fose posible subiríamos o Curavacas ( 2524 mt) e se tampouco fose posible, tentaríamos algunha cima de menos altura.

   Faremos entre 12 e 15 km, nunhas 7/8 horas, polo que deberemos madrugar para aproveitar as horas de luz. Teremos un desnivel de 1200 (no Espigüete)

   Tedes que levar material de montaña. Arnes, crampons e piolet. Nom sabemos como está a situación de neve. En estes momentos hai pouca, pero a situación pode mudar rápidamente.

HORA COMENZO- 08:00
DISTANCIA- 11,5 km
PERCORRIDO- Circular
DUREZA- Media-Alta (según condicións climatoloxicas)
DURACION- 8 horas
DESNIVEL  ACUMULADO- 1200 metros positivos

Domingo 03 – Tejeda de Tosande

 

O Teixedal de Tosande e un dos bosques de Teixos mellor conservados de Europa, con arbores milenarias. A ruta vai entre bosques de haixas, teixos e carballos nun lugar único. Unha andaina nada complicada pero chea de fermosura.

 

HORA COMENZO- 08:30
DISTANCIA- 9,5 km
PERCORRIDO- Circular
DUREZA- Media
DURACION- 4 horas
DESNIVEL  ACUMULADO- 450 metros positivos

  

O MATERIAL

 

   E obligatorio levar:

  • Crampons
  • Piolet ( un polo menos)
  • Arnes
  • Botas de montaña. Nom fai falla que levedes botas rixidas ou semirixidas, pero si deben ser de caño alto, nom se pode ir con bota baixa ou semibaixa.
  • Roupa de abrigo (termica e aillante)

 

   O club, levará cordas, cordines , mosquetons etc.   

 

O PREZO

Podese pagar de duas veces.

Socios- 68€  (inclue hospedaxe duas noites e rutas) Podese facer un primer pago de 38€ para formalizar a reserva. O segundo pago de 30€ debese facer como data tope o 31 de xaneiro.


Nom Socios- 71€ (inclue hospedaxe duas noites e rutas)  Podese facer un primer pago de 41€ para formalizar a reserva. O segundo pago de 30€ debese facer como data tope o 31 de xaneiro.


O PREZO

  • Os federados nom pagan ningún seguro extra.
  • Os nom federados teñen que pagar 8€ (4€ por ruta) para facer un seguro adicional. Na folla de inscripción pediranvos os datos.

 

INFORMACION

PRAZAS LIMITADAS

A praza reservase mediante ingreso do importe,no numero de conta do Club, en Abanca ES33 2080 0570 6430 4000 5459, poñendo nome completo e en concepto “Espigüete”.


Unha vez cubertas as prazas poremos un anuncio na nosa web, se alguen fai ingresos a posteriores devolveranse os cartos.
LUGAR DE QUEDADA: Poremos a info de quedada no chat que faremos a próxima semana. Pero para facer as vosas contas, iremos moi perto de Cervera de Pisuerga.
HORA- A tarde-noite cada un cando poda
NORMAS
1- Todo asistente DEBE TER SEGURO DE ACIDENTES DA FEDERACION DE MONTAÑA.
2- En caso de NOM ter seguro, o asistente o evento TEN A OBLIGACION DE FACER UN SEGURO CON SENDEIRISMO GALEGO valido para ese dia, xestionado con MAPFRE cuxo costo e de 4€.

 Precisaremos: (a cubrir na folla de inscripción)
- Nome Completo.
- Nº de DNI.
- Data de Nacemento do asistente.
3- SO SE PODE ASISTIR O EVENTO CUN DESTES DOUS SEGUROS.
3- Sendeirismo Galego nom permitirá que ninguen faga o roteiro sen seguro de acidentes.
4- Os asistentes teñen a obligación de asinar a folla de responsabilidades o inicio do roteiro.
5- O Club reservase o dereito a limitar o numero de asistentes.
6- O asistente ten a obligación de coñecer os estatutos do club.

Calqueira dubida comunicadevos con nos en:

www.senderismogalego.com

senderismogalego@gmail.com

698 128 813

Senderismo Galego Club
Apdo.341 36080
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 128 813
Mobil:      698 128 813
 
www.senderismogalego.com
 
Dirección de correo electrónico: senderismogalego@gmail.com
Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Senderismo Galego Club