Senderismo Galego Club
Senderismo Galego Club

Peña Ubiña 23-25 Novembro 2018

Ruta de montaña, en Terras de Leon. Prazas moi limitadas.

 

Para asistir encher o documento do enlace de abaixo e ingresar o importe solicitado no numero de conta do club.

Abanca ES33 2080 0570 6430 4000 5459  Beneficiario “Sendeirismo Galego Club”.

No ingreso poñede o voso nome é en concepto “UBIÑA”.

As prazas son limitadas. Unha vez cheas avisarase o resto dos interesados avisando na nosa web e na paxina de facebook.

O EVENTO

Do 23 o 25 de Novembro ,imos a montaña leonesa.

Subiremos o pico de Peña Ubiña, todo un clásico da vertiente norte e faremos a ruta de Laguna las Verdes, unha travesia preciosa.

Peña Ubiña e unha ruta puramente montañeira, e si hai neve, cousa que a estas alturas e moi probable, deberemos levar material de invernal. Ademais e necesario saber usar dito material. Desaconsellamos a asistencia a calqueira persoa que nom este afeito a rutas de montaña.

 

Durmiremos  as duas noites nunha casa rural num pobo perto de Torrebario, dende onde parte a subida a Peña Ubiña.

O venres cada un chegará o punto de destino en coches propios (coma sempre faremos un grupo de WhatsApp para poder compartir transporte). O chegar temos que facer unha reunión para revisar o material e deixalo listo, xa que o dia seguinte madrugaremos.

A casa ten cociña, polo que cada un pode levar a sua propia comida para facer na casa ou comer nalgun bar da zoa.

O sábado xantaremos en ruta, polo que debedes levar comida para a montaña ( bocatas, latas ou o que queirades) e por suposto auga.

O domingo despois de almorzar faremos a ruta. Despois xantaremos algo (podedes facelo nun bar ou levar comida) e voltaremos para as nosas casas. 

AS  RUTAS

Sabado 24

Peña Ubiña (2417 mt)

 

A ruta parte dende a vila de Torrebario. Por un sendeiro que nesta época xa presenta neve, chegaremos ata collado Ronzón, dende onde comenzará unha subida ata a cima de Peña Ubiña.

Tratase dunha ruta lineal, e decir vai e ven pola mesma senda.

A realización da mesma queda pendente das condions que se presenten ese mesmo dia o inicio da mesma.  

Según vexamos o grupo, as condicions do dia e o animo tentaremos subir a Peña Ubiña pequena.

HORA COMENZO- 08:00
DISTANCIA- 11,5 km
PERCORRIDO- Lineal
DUREZA- Media-Alta (según condicións climatoloxicas)
DURACION- 8 horas
DESNIVEL  ACUMULADO- 1250 metros positivos

Domingo 25

Laguna las Verdes

A ruta sae dende Torre de Babia e vai ata a Lagoa Las Verdes. Atopase n azoa de Babia en Leon, xusto u oeste do macizo das Ubiñas.

E unha ruta mais doada que a de Peña Ubiña, pero con un gran encanto.

 

HORA COMENZO- 08:00
DISTANCIA- 13,5 km
PERCORRIDO- Semicircular
DUREZA- BaixaMedia
DURACION- 5 horas
DESNIVEL  ACUMULADO- 550 metros positivos

       

O MATERIAL

 

   E obligatorio levar:

  • Crampons
  • Piolet ( un polo menos)
  • Botas de montaña. Nom fai falla que levedes botas rixidas, pero si deben ser de caño alto, nom se pode ir con bota baixa ou semibaixa.
  • Roupa de abrigo (termica e aillante)
  • Gorro, luvas ,casco ( a poder ser)
  • Comida para a montaña e por suposto auga.

 

 

LUGAR DE QUEDADA

 

O punto de encontro será pola zoa de San Emiliano, xa poremos mais adiante o lugar exacto. O venres pola tarde cada un cando poda.

 

COSTOS

Socios- 71€   (inclue hospedaxe duas noites e rutas )


Nom Socios- 74€   (inclue hospedaxe duas noites e rutas )

 

SEGURO

Federados- Sin pago extra de seguro.

Nom federados- 8€  (4€ por ruta)

  • Os nom federados, tedes que cubrir a folla de inscripción enchendo cos datos que alí pedimos. Nos xestionaremos o seguro con Mapfre. Nom tedes que facer nadas mais.
  • As persoas que estedes federados co noso clube nom tedes que facer nada.
  • As persoas que estedes federadas con outro clube, tedes que enviar unha foto do carnet da federación por:

NORMAS

1- Todo asistente DEBE TER SEGURO DE ACIDENTES DA FEDERACION DE MONTAÑA.
2- En caso de NOM ter seguro, o asistente o evento TEN A OBLIGACION DE FACER UN SEGURO CON SENDEIRISMO GALEGO valido para ese dia, xestionado con MAPFRE cuxo costo e de 4€ por ruta.
3- SO SE PODE ASISTIR O EVENTO CUN DESTES DOUS SEGUROS.
3- Sendeirismo Galego nom permitirá que ninguen faga o roteiro sen seguro de acidentes.
4- Os asistentes teñen a obligación de asinar a folla de responsabilidades o inicio do roteiro.
5- O Club reservase o dereito a limitar o numero de asistentes.
6- O asistente ten a obligación de coñecer os estatutos do club.

Senderismo Galego Club
Apdo.341 36080
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 128 813
Mobil:      698 128 813
 
www.senderismogalego.com
 
Dirección de correo electrónico: senderismogalego@gmail.com
Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Senderismo Galego Club