Senderismo Galego Club
Senderismo Galego Club

Paque Natural do XURES  

14-16 Decembro 2018

 

 

Para asistir encher o documento do enlace de abaixo e ingresar o importe solicitado no numero de conta do club.

Abanca ES33 2080 0570 6430 4000 5459  Beneficiario “Sendeirismo Galego Club”. No ingreso poñede o voso nome é en concepto “XURES”.

 

   Para asistir encher o documento do seguinte enlace:

   Do 14 o 16 de decembro imos visita-lo parque natural do Xures, no sur da provincia de Ourense, moi perto de Portugal, co que comparte espazo natural.

 E un dos parque mais bonitos e mellor conservados que existen en Galicia. 

Os que queirades vir tedes que facer a reserva enchendo o documento no enlace arriba.

 

O EVENTO

Situado no sur da provincia de Ourense o Xures forma un macizo montañoso xunto ca Peneda e o Gerés n azoa portuguesa.

O seu pico mais alto e o Pico da Nevosa 1548 mt .

Durmiremos nunha casa moi perto do parque. A casa ten cociña para que, os que queirades podades facer ali mesmo a comida. Os que nom, podedes facelo nalgun bar da zoa.

Tamen podedes facer nas casas os bocadillos que levaremos as rutas.

Durmiremos en casas de 4 e 6 persoas. En camas individuais e sofás cama . Cando o grupo este pechado distribuiremos a xente.

As casas teñen ,microondas, cociña, neveira, TV, roupa de cama, toallas, productos de aseo, baño completo en cada casa etc, etc

Sairemos o venres pola tarde en coches propios cada un cando poda. Faremos un grupo para intentar encher os coches entre a distinta xente que vaia.

Faremos ruta o sabado de nivel medio-alto e outra de nivel baixo o domingo, para que unha vez rematada, xantemos algo e voltemos as casas.

A VIAXE

Partiremos o venres 14 , coma sempre en coches propios a hora que cada un  poda. Cando o grupo este pechado, faremos un grupo de WhatsApp para intentar compartir coches. Durmiremos nunha vila moi perto do parque.

As RUTAS

Faremos duas rutas. Unha de un nivel medio e unha dun nivel baixo.

  • RUTA  SABADO 15

CORGA  DA  FECHA

Unha clásica en esta zoa. Veremos o val de Portela do Home, antiga frontera natural de Galicia con Portugal e por suposto a fervenza da Cogra da Fecha que da nome a esta ruta. Para facela circular uniremonos ca ruta da Cabaniña do Curro que nos unira novamente co punto de partida.

HORA COMENZO- 09:00
DISTANCIA- 16,0 km
PERCORRIDO- Circular
DUREZA- Media
DURACION- 5.30 horas
DESNIVEL ACUMULADO- 900 metros positivos

  • RUTA DOMINGO 16

MUIÑOS DE VILAMEÁ

Fermosa ruta que une as ruta dos Muiños de Vilameá ca Ruta da Ermida.

HORA COMENZO- 09:00
DISTANCIA- 8,0 km
PERCORRIDO- Circular
DUREZA- Baixa
DURACION- 4 horas
DESNIVEL ACUMULADO- 450 metros positivos

 

O PREZO

Socios- 65€ (inclue hospedaxe duas noites e rutas)


Nom Socios- 68€ (inclue hospedaxe duas noites e rutas)

Os pagos deben facerse na conta do club, en Abanca indicando o nome completo do asistente e en concepto poner “XURES”.

Abanca ES33 2080 0570 6430 4000 5459

Beneficiario Sendeirismo Galego Clube

SEGURO

Federados- Sin pago extra de seguro.

Nom federados- 8€ (4€ por ruta)

  • Os nom federados, tedes que cubrir a folla de inscripción enchendo cos datos que alí pedimos. Nos xestionaremos o seguro con Mapfre. Nom tedes que facer nadas mais.
  • As persoas que estedes federados co noso clube nom tedes que facer nada.
  • As persoas que estedes federadas con outro clube, tedes que enviar unha foto do carnet da federación por:

NORMAS

1- Todo asistente DEBE TER SEGURO DE ACIDENTES DA FEDERACION DE MONTAÑA.
2- En caso de NOM ter seguro, o asistente o evento TEN A OBLIGACION DE FACER UN SEGURO CON SENDEIRISMO GALEGO valido para ese dia, xestionado con MAPFRE cuxo costo e de 4€.
3- SO SE PODE ASISTIR O EVENTO CUN DESTES DOUS SEGUROS.
3- Sendeirismo Galego nom permitirá que ninguen faga o roteiro sen seguro de acidentes.
4- Os asistentes teñen a obligación de asinar a folla de responsabilidades o inicio do roteiro.
5- O Club reservase o dereito a limitar o numero de asistentes.
6- O asistente ten a obligación de coñecer os estatutos do club.

Calqueira dubida comunicadevos con nos en:

www.senderismogalego.com

senderismogalego@gmail.com

698 128 813

Senderismo Galego Club
Apdo.341 36080
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 128 813
Mobil:      698 128 813
 
www.senderismogalego.com
 
Dirección de correo electrónico: senderismogalego@gmail.com
Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Senderismo Galego Club