Senderismo Galego Club
Senderismo Galego Club

Dolomitas-Venecia

07-14 Xullo 2018

Do 07 ó 14 de xullo do 2018 imos ir o norte de Italia; os Dolomitas e a Venecia. Unha das rexions mais montañosas e verdes de Europa, con vales de lenda, cumes únicos e paisaxes inesquecibles.  Subiremos montañas ,camiñaremos por fermosos vales e visitaremos entre outros moitos sitios Venecia e Verona ,a terra de Romeo e Xulieta.


Para asisitir encher o documento no seguinte enlace:


https://goo.gl/forms/6sSfKls4Gh95kiyd2

 

As prazas son limitadas, e a reserva so se confirma co documento de inscripcion ,o ingreso en conta do primer pago solicitado, e unha fotocopia do dni polas duas caras que deberedes enviarnos o noso correo electrónico, senderismogalego@gmail.com

<< Nuevo campo para texto >>

O EVENTO

Sairemos dende o aeroporto de Santiago o sabado dia 07 pola mañan e voltaremos o sabado dia 14 tamen pola mañan..(ambos voos son directos, sen escalas).
Nos sete días que estaremos alí (e sete noites) faremos diferentes rutas de montañismo e sendeirismo , con diferente dificultade, e tamen faremos turismo, xa que iremos a visitar pobos e ciudades do país.

 

O voo e directo a cidade de Milan. O chegar o primeiro que faremos e ir a alugar vehículos no aeroporto de Milan. Os coches iran en grupos de catro persoas, e decir unha de cada catro persoas que  asista o evento ten que conducir.

Unha vez teñamos os coches, iremos directamente a Padua, cidade que se situa entre Verona e Venecia, que serán as duas ciudades que visitaremos. Eiqui quedaremos as tres primeiras noites.

Durmiremos en apartamentos con habitacions de 5 e 6 persoas, con baño privado e wifi.   

 

Na estancia en Padua estaremos en reximen de media pension, e decir aloxamento con almorzó (de buffet no propio hotel)  e cea en restaurante. O xantar será libre xa que se fara durante as visitas a Verona e Venecia.

 

FOTOS ALOXAMENTO PADUA

 

 

 

 

O domingo 8 iremos visitar Verona.

Verona e unha das mais antigas e históricas cidades de Italia. Visitala nun dia so e tarea complexa. Os principais sitios a ver son:

O Anfiteatro, a casa de Xulieta ca famosa imaxen da protagonista da obra de William Shakespeare, a praza Bra, a Catedral de Verona, a praza Delle Erbe e a sua Torre dei Lamberti, o impresionante Castelo de San Pletro etc etc

En Verona a visita a cidade será libre durante todo o dia. Iremos xuntos ata un punto onde deixemos os coches e quedaremos nese mesmo punto a unha hora determinada para voltar os apartamentos. A xente daraselle unha folla con información o mais destacado para ver na cidade.

 

O luns 9 iremos visitar Venecia.

Pouco que decir de unha das cidades mais visitadas do mundo. A illa de Venecia, cos seus canales , cas suas pontes e as suas  góndolas nom deixa indiferente a ninguén.

Os principais sitios a ver son:

Plaza e Basilica de San Marcos, Palacio Ducal, Campanile de San Marcos, Gran Canal, Lido de Venecia, Puente de Rialto etc, etc E por suposto pasear polos canais, vendo as góndolas dunha cidade de ensono.

A visita a cidade e libre. Iremos ata a illa e unha vez ali quedaremos co grupo a umha hora determinada ,nun punto determinado. Daremos unha folla con información sobre os lugares a visitar da illa.

A hora de quedada iremos todos a subirnos nas famosas góndolas venecianas, dando un paseo polos canais.

O rematar iremos a cear a un restaurante todos xuntos.

 

O martes 10 iremos visitar as famosas illas de Murano e Burano.

A primeira hora e tras o almorzo meteremos as maletas nos coches e voltaremos novamente a Venecia. Unha vez ali iremos ata o punto de saida dunha excursión en barco que nos levará as famosísimas illas de Murano e Burano. A primeira e famosa pola fabricación de vidro. Visitaremos unha fabrica de cristal. En Burano poderemos ver as suas ruas estreitas cheas de casas pintadas de fortes e vivas cores que a fan famosa.

A excursión ten unha duraccion aproximada de 4.00/4.30 e será con guía no barco en varios idiomas entre eles o español.

O rematar a excursión colleremos os coches e poremos rumbo o norte, a Tesero, vila onde comenza a segunda parte da nosa viaxe.

 

 

A estancia en Tesero será de catro días e catro noites. En reximen de so aloxamento.

Durmiremos en apartamentos, para seis persoas, con baño privado, tv, wifi ,sa de estar e cociña. Esta ten neveira, microondas, e cociña con utensilios. A idea e que o grupo poda almorzar e cear nos apartamentos, comprando a comida en tendas do pobo. Asi mesmo poda comprar tamen comida para levaras rutas que faremos nos próximos tres días.

Ademais os apartamentos teñen piscina interior e exterior, sauna, zoa de barbacoas etc etc.

 

Os tres días seguintes, mercores xoves e venres, faremos a mesma rutina a diario. Madrugaremos cedo e tras o almorzó partiremos a facer unha ruta cada dia. Teremos duas rutas de dureza media e unha de dureza media alta. As expecificacions das mesmas poñeremolas mais adiante.

 

 

FOTOS ALOXAMENTO VENECIA

 

AS RUTAS

 

Como xa dixemos as rutas estanse baraxando entre diferentes posibilidades, pero en principio serán duas rutas con nivel adaptado o grupo .nivel medio, e unha con nivel un pouco mais exixente.

 

O PREZO
O prezo total da viaxe e de :

Socios 750€ socios
Nom socios 756€


O pago podese facer en cinco veces.(o primer pago e o que confirma a reserva, a data e a data tope, según teñades clara a asitencia, confirmade co ingreso)


1 Pago- 175€  Data tope 09 de Xaneiro 2018 (181€ os nom socios)
2 Pago- 125€  Data tope 09 de Febrero 2018
3 Pago- 125€  Data tope 09 de Marzo 2018

4 Pago- 125€  Data tope 09 de Abril 2018

4 Pago- 200€  Data tope 09 de Maio 2018


Os nom socios teñen que pagar 6€ mais no primer pago, e decir 181€.


A política de cancelaccions e:
1 pago- Unha vez feito ,se o asistente nom quere ou nom pode ir a viaxe perde o 100% do importe, xa que este destinase entre outras cousas a pagar o voo.
2 pago- Ata o 24 de febreiro perdese o 20% do importe, e decir 25€. Despois do 24 de febrero perdese o 100%.
3 pago-  Ata o 24 de marzo perdese o 20% do importe ,e decir 25€. Despois do 24 de marzo perdese o 100%.

4 pago-  Ata o 24 de abril perdese o 20% do importe ,e decir 25€.  Despois do 24 de abril perdese o 100%.

5 pago- ata o 24 de maio perdese o 20% do importe ,e decir 40€.  Despois do 24 de maio perdese o 100%.


QUE É O QUE ENTRA NO PREZO?

 

  • No prezo entra o voo, directo Santiago-Milan ida e volta.
    No prezo nom entra unha maleta extra, aparte das xa mencionadas, en caso de que a queirades levar o coste daremosvolo mais adiante.
  • Hospedaxe dos sete dias, tres en Padua e catro en Tesero.
  • Os almorzos dos días 8, 9 e 10. Estes faranse no hotel de Padua e serán de buffet libre.
  • As ceas dos mesmos días 8, 9 e 10 de xullo. Faremolas en restaurantes. En pricipio as duas primeiras serán en Padua e do dia 10 en Venecia.
  •  No prezo tamen entra os alugueres dos vehículos. Ademais entra tamen o seguros a todo risco dos mesmos.
  • Entra o paseo en Gondola en Venecia.
  • Entra a excursión en barco por Murano e Burano.
  • Entra a organización das tres rutas que faremos.

 

QUE É O QUE NOM ENTRA NO PREZO?

 

 

  • Nom entra a gasolina dos vehículos. O nom saber cantos kilómetros se van a facer e difícil de calcular. Enton deste xeito cada coche pagará o consumo realizado dividindo entre os ocupantes do mesmo.
  • Nom entran posibles pagos en zoa azul ou parkings que poidesemos ter.
  • No voo entra unha maleta de man.  A maleta con asas e rodas nom debe sobrepasar nunca os: 56x45x25 cm. Se excede este tamaño a compañía aérea considera maleta facturada e o pasaxeiro deberá pagar o importe da facturación da mesma. Mais adiante aos asistentes xa se lles informará mais detalladamente tanto deste coma doutros asuntos.  

Pero NOM entra unha maleta extra para quen a queira levar. Se desexades facturar unha maleta extra deberedes ingresar no primer pagamento o importe da maleta escollida ( mais adiante xa vos diremos o importe), xunto co importe do primer pago. Mais adiante vos tamen podedes facturar a maleta sin problema, pero nom volo xestionaremos nos, teredelo que facer vos mesmos. Xe facturades moi tarde cabe a posibilidade que o prezo sexa superior.

  • Nom entran as comidas dos días que durmamos en Padua. Como as visitas a Verona e Venecia van a ser por libre as comidas tamen o serán.
  • Nom entra ningún tipo de comida nos catro días que estaremos nos Dolomitas. Para rebaixar costes da viaxe imos ir a uns apartamentos que teñen cociña con neveira, fogons e microondas. Ademais no pobo hai tendas onde comprar as cousas. Deste xeito podemos facernos nos a comida e rebaixar o coste das mesmas.
  • No prezo tampouco entra o seguro, que poremolo mais adiante, cara xaneiro ou febreiro. Este afectará a aquelas persoas que nom estén federadas con licencia federativa tipo C,(licencia que podemos xestionar nos) e decir a que cubre en toda Europa. A xente con este carnet nom pagará seguro extra algún. O que nom teña o carnet federativo, terá que pagar un seguro de accidentes que xestionaremos nos, valido para os días da viaxe.


O prezo e un prezo pechado, pero debemos gardarnos a posibilidade de en caso que a mediados de decembro o prezo dos voos se disparen, cousa que nom agardamos que suceda, ou ben pedir un plus pola diferencia, ou ben cancelar a reserva. Repetimos que e algo que nom debería pasar pero debemos avisar..


Polo demais saber que é unha viaxe complicada a unha rexion cun nivel de vida bastante alto, polo que pequenas cousas poden sumar moito diñeiro para asumilo o club. Cousas como aparcar en zoa azul, que deberán pagar entre os paxaseiros de cada coche, ou si un dia temos que coller un bus ou tren para un pequeno traslado, tamen o deberá pagar cada un, son pequenos detalles que debemos aclarar.

Aclarar que somos un grupo de montaña, nom unha axencia de viaxes. E un grupo de amantes da natureza que queremos coñecer montañas e paisaxes novas. Nos nom coñecemos moitas das zoas a onde imos, esto quere decir que podemos ter certos pequenos problemas ocasionados polo decoñecimento e que trataremos de solucionar do mellor xeito posible, pero queremos que a xente veña ca mellor aptitude e o mellor compañerismo posible.

 

OS COCHES

Cando as prazas estén ocupadas pediremosvos a un de cada catro asistentes que conduzcades un coche. Esto implica que o coche esté o voso nome. O pago debe facerse cunha tarxeta de crédito (nom vale debito) o voso nome. Este importe pagarao o club e nom se bloqueará ningún importe na tarxeta xa que o coche vai con seguro a todo risco.

OS DATOS

 

Podese modificar certas partes do evento, como tipo de rutas, duración de noites nun hotel, tipo de lugar onde durmir etc

A descripción, e a grosso modo o que faremos, pero debido a multiples causas o club reservase a posibilidade de modificar, mudar ou eliminar certas partes contidas neste evento.
 

 Moi importante e ter o DNI en vigor na data do viaxe.

NORMAS
1- Todo asistente DEBE TER O SEGURO FEDERATIVO TIPO “C” OU UN SEGURO DE ACIDENTES QUE O CLUB PORA NO EVENTO NO MES DE XANEIRO OU FEBREIRO.
2- Os asistentes teñen a obligación de asinar a folla de responsabilidades o inicio do roteiro.
3- O Club reservase o dereito a limitar o numero de asistentes.
4- O asistente ten a obligación de coñecer os estatutos do club.

Senderismo Galego Club
Apdo.341 36080
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 128 813
Mobil:      698 128 813
 
www.senderismogalego.com
 
Dirección de correo electrónico: senderismogalego@gmail.com
Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Senderismo Galego Club