Senderismo Galego Club
Senderismo Galego Club

Consellos

  Camiñar e uns dos deportes mais sans e saudabeis que existen. Relaxan o corpo, protexen o corazon, comunicannos con amigos... son moitas as vantaxes e moi poucos o contras. Pero tamen debemos saber cal é o noso estado fisico, xa que nom todos podemos aguantar a mesma camiñada.

   Cada un debe ser responsable das suas forzas e nom culpar a un grupo que oragniza un evento levando un traballo na maioria dos casos altruistamente, porque o noso corpo nom nos responda. O estado fisico colleremolo pouco a pouco. Ademais tratase de disfrutar nom de chegar a ser deportistas de elite, polo tanto nom temos porque asistir a rutas catalogadas con dificultades medias ou altas.

   Nos somos os unicos responsabeis do noso estado fisico e os unicos capaces de verdade de melloralo.

   Tamen e moi importante que entendamos certas cousas, coñecidas para aficionados a este deporte, pero nom tanto para iniciados.

  • Informa da tua actividade- Cando saiamos a camiñar o monte, sobre todo cando se faga por media ou alta montaña, debemos informar a familiares ou amigos da ruta que pensamos facer. Esto e importante, porque en caso de percances fisicos, ou en casos de perderse no monte, os nosos achegados sabrán informar pra que nos atopen mais rapidamente.
  • Cousas basicas en ruta- Camiñar implica certas cousas moi basicas que deberíamos levar todos con nos.
  1. Baterias Adicionais- Nestes intres que as baterias dos mobiles nom duras apenas un dia, e moito mais usando GPS ou camaras, levar cargadores de  baterias adicionais e algo fundamental Hainas moi baratas e poden cargarnos completamente o mobil en plena camiñada. Sobre todo cando mais falla poda facer.
  2. GPS e Bruxula- Inda que vaiamos cun grupo organizado, todos temos que velar por nos mesmos. Un Gps pode axudar realmente en caso de perda . O mobil con bateria como comentamos antes e algo tamen fundamental.
  3. Comida enerxetica-Camiñando gastamos moitas mais forzas que facendo calquer outro deporte, porque entre outras cousas podemos estar andando 7 ou 8 horas. Alimentarnos e moi importante. Debemos levar algo contundente como un bocadillo. Pero tamen pequenos alimentos que nos vaian aportando enerxia e podamos comer en marcha. Chocolate, da enerxia de xeito moi rapido polo azucar, Platanos fundamentais polo potasio, e os Frutos Secos, nom moitos porque dan sede pero unha pequena cantidade deles dan moitas e rapidas enerxias.
  4. Bebida- sen dubida moito mais importante que a comida. Sen comer podemos aguantar, sen beber nom. Cada un sabe o que bebe, pero debemos pensar que na montaña e facendo deporte podemos triplicar a cantidade de liquido a inxerir. Podemos levar bebidas enerxeticas como Aquarius, que o que fai e aportarnos as sales que perdemos facendo deporte mais rapidamente que hai vai producir o noso organismo, pero sin dubida o mais recomendable e a auga. Deporte e natureza deberian estar mollados con auga. Nunca bebidas azucaradas como Coca Cola. Debemos pensar que a auga a levar debenos sobrar o acabar a camiñada. Porque se nom e asi quere decir que levamos o liquido xusto e en caso de un desvio do camiño, ou perdernos un treito ou un dia en que o noso organismo precisa beber un pouco mais da conta xa estariamos con problemas.
  5. Unha navalla, unha linterna e un chisqueiro para facer lume. Cousas basicas pero que poden axudarnos moitisimo a hora de camiñar.
  6. Roupa de muda- Hai certas prendas que e bon levar con nos cando camiñamos, porque pesan e ocupan pouco e poden ser de moita utilidade en caso de calquer percance, como caer nun regato, mollarnos por unha tromba de auga, estar sudados e logo dunha parada un pouco longa enfriar . Roupa interior, calzoncillo e calcetins debemos levar sempre con nos.
  • O normal e que moitas destas cousas nom as usemos a menudo, algunhas igual nom a usemos nunca. Pero e cando faga falla cando imonos lembrar delas.

  Punto e aparte merece o tema do seguro de acidentes. Nos sempre decimos que Camiñar e gratis mais caerse nom. Se nos caemos camiñando no monte a Seguridade Social nom o cubre. Por eso debemos ter un seguro de acidentes. Senderismo Galego recomendalle os seus socios que se FEDEREN  e se nom o fan; e obligatorio facer un seguro de acidentes que cubre o evento por ese dia. Pero e o propio camiñante quen debe ter por si mesmo un seguro porque se un dia vai so e cae, ou vai cun grupo e cae a Seguridade Social, repetimos, nom se vai facer cargo.

   Por ultimos queremos ,mais que aconsellarvos pedirvos civismo nos bosques e nas montañas. Elas, como reza o slogan nom precisan de nada do que traes. Nom botes lixo, nom prendas lume, nom modifiques na medida do posible o entorno. As montañas dannos tanto e pidennos tan pouco que con pequenos xestos podemos facer moito.

Botiquin

  

   Un pequeno botiquin e algo moi importante tamen a levar nas nosas camiñadas.

   Está claro que nom temos que levar o medico con nos, pero unhas poucas cousas poden resultar importantisimas se temos certos problemas no monte.

  • Luvas- Importante para nom tocar zoas con risco de infeccion.
  • Mantas Termicas- Un baixon no estado fisico pode provocar un descenso da temperatura, ademais podemos quedar inconscientes por algun golpe, ou simplemente por mor da rotura dun oso coller frio por agardar parados ata que chegue salvamento. As mantas térmicas serán de moita axuda, ademais nom ocupan nin pesan practicamente nada.
  • Gasas e gasas vaselinada cicatrizante que en caso de queimaduras ou rozaduras poden ser de gran axuda.
  • Vendas, esparadrapo, betadine e tixeiras.
  • Xeo Quimico que cun golpe transformase en xeo e poden axudar en picaduras de serpes ou en diferentes lesions.
  • Repelente de Insectos
  • Suero oral, para diharreas ou deshidratacion.
  • Tiritas
  • Nebroufen e Nolotil, pra casos de dolores de diferentes golpes.

Esta claro que todo resta espacio e suma peso, pero si o distribuimos ben e sabemos levar o xusto nom será tan duro. Ademais as cousas so se botan de menos cando fan falla.

O corpo irase adptando ao peso, e pouco a pouco iranos costando menos.

A Bota

   A bota e a prenda mais importante pra sair a camiñar, tanto en sendeiros chans, como en media e por suposto alta montaña. E o que une ca superficie; son os neumaticos do noso corpo.

   Actualmente hai moitisimas marcas cun grandisimo prestixio, pero cada marca fabrica cuns parametros personais, a bota que a unha persoa lle queda como unha luva ,a outro sentalle mal. Cada un debe probar antes de decidirse. Pero unha vez que sabemos que unha marca nos senta ben a fidelidade vai ser importante.

   Temos tamen que pensar que a bota de montaña debe deixar un pequeno espazo entre os dedos e o tope interior da mesma, deste xeito cando baixemos algunha pendiente o pe deslizarase pra diante e nom nos mancaremos.

   Existen tamen botas de corte baixo, medio e alto. Canto mais baixa sexa a bota menos protexe o nocelo, pero mais comodidade nos da. Para media e alta montaña, teremos que utilizar unha bota de corte medio ou alto.

   Deben se aillantes, pero nom todos son iguais. O mellor con diferenza e o Gore-Tex. Un pe san e fundamental.

  A base da bota e outro tema a ter en conta. Unha suela moi rixida molestará o pe, pero dará mais firmeza. O mellor e buscar o noso equilibrio entre ambas cousas.

  Se imos usar crampons, precisamos de botas especificas que teñen agarres adaptados a este complemento.

  A bota debemo-la colocar de tal xeito que quede ben firme e agarrada pero sin molestar o pe. O talon nom o poderemos levantar sen levantar a bota. Ademais o pe nom poderá bailar dentro da bota. O nu final debe ser firme e duro pra evitar estar atandonos constantemente os cordons durante a camiñada.

  Se nom queremos perde-las uñas debemos de telas moi cortadas pra evitar que se vaian rozando contra a bota, expecialmente nas baixadas.

  A bota deberemola limpar na medida do posible evitando botarlle auga no interior. Se nom hai mais remedio, que sexa con auga fria e utilizando un cepillo de fios blandos. Nunca secaremos a bota colocandoa directamente riba dun radiador, expecialmente cando está moi humida, porque esto pode provocar unha deformacion na base da mesma.

O Calcetin

   O calcetin nom e menos importante ca bota.

   Uns calcetins bons deben protexernos os pes nas zoas mais sensibles polo seu almohadillado, deben evitarnos rozaduras pola falta de costuras, deben manternos os pes secos, por capas aillantes como o Gore-Tex e tamen por ter unha boa transpiracion.

   O punto fundamental e evitar as ampollas. Estan producense polo roce da pel contra a bota, unido a unha temperatura elevada. Se os calcetins son tecnicos e sen apenas costuras, irán pegado o pe, e serán as fibras as que abosrvan todas as rozaduras.

   Duas capas?

   Podemos utilizar duas capas de calcetin sempre e cando estes sexan bos.

   A capa interior, a primeira capa debe ser ¨Coolmax¨no vran e ¨Thermax¨en inverno. E decir manter o pe fresco no veran e mais protexido do frio en inverno, pero cun calcetin mais delgado que nom sexa moi voluminoso.

   A capa exterior será dun calcetin mais acolchado que nos protexa das friccions. Pensade que deste xeito e mais dificil que os dedos dos pes rocen cas botas e evitaremos rozaduras e ampollas.

   Debemos de escapar do algodon que transpira moi defectuosamente e elexir materiais mais tecnicos , que protexen o pe, pero deixano respirar e transpirar.

  

A Mochila

Distribuir de xeito correcto o peso na mochila e fundamental pra nom sufrir lesions nin ter unha camiñada desagradabel.Distribución del peso de una mochila de montañaTemos que ter en conta, que o peso debe ter o centro de gravidade o mais perto posibel da espalda. Deste xeito evitaremos desequilibrios.

Nom deberíamos por mais dunha cuarta parte do peso do noso corpo.

Ademais debemos poñer o peso mais grande na parte baixa da mochila pra de este xeito cargar o peso nas cadeiras e nom na parte alta da espalda.

 

Senderismo Galego Club
Apdo.341 36080
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 128 813
Mobil:      698 128 813
 
www.senderismogalego.com
 
Dirección de correo electrónico: senderismogalego@gmail.com
Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Senderismo Galego Club