Senderismo Galego Club
Senderismo Galego Club

Como funcionamos!!!

Saidas

Senderismo Galego fai diversas saidas o longo das temporadas. No apartado "Eventos" podes consultar as próximas saidas planificadas. Ademais podes seguir tamén  os nosos pasos en facebook.

NOM FAI FALLA SER SOCIO PRA ASISTIR OS NOSOS EVENTOS, mais abaixo podes ver que condicions hai pra os socios e nom socios.

Todos os asistentes os nosos eventos teñen que contar cun seguro. Se estades federados ( e decir, que estades dados de alta na Federacion Galega de Montañismo, trámite que facemos nos) nom pagarán ningún outro tipo de seguro por asistir as nosas rutas. Os socios ou nom socios que nom estedes federados pagararedes 4€ por facer un seguro de validez polo dia do evento, que pódese facer intres antes da saida da andaina. So teredes que darlle os organizadores o nome completo ,o DNI e a data de nacemento.

Como anotarnos!

 

 

Cada evento publicamolo nesta paxina Web, no apartado "Eventos" e na nosa paxina de Facebook.

Ademais enviamos un correo electronico a todos aquelas persoas que nos faciliten o seu mail.

Se queres asistir a un evento noso, observa no inicio do mesmo se pon,"Presentarse na hora e lugar indicados" ou "Encher documento adxunto".

PRESENTARSE NA HORA E LUGAR INDICADOS: Se é unha saida de ida e volta no mesmo dia, basta con que aparezas no lugar e hora indicados. Se te anotas no evento en Facebook, facilitanos as cousas, ademais alí podes ver alteracions de última hora; comidas, estado do tempo, etc etc. Se tes algunha dubida podes contactarnos por mail ou polo mobil de contacto.

ENCHER DOCUMENTO ADXUNTO : Se o evento e con saida nocturna de un ou varios dias, se e de un dia pero hai autobus, ou é un evento de prazas moi limitadas como por exemplo un cursillo, veras o inicio do evento a frase, Encher Documento Adxunto, ou teras que ir a Entradas Dispoñibles se o fas dende a nosa paxina de Facebook. O pulsar riba de este enlace teredes que encher un sinselo documento con catro datos basicos; dadeslle a enviar e listo.

E posible que nas saidas teñas que facer un deposito de parte do costo da ruta antes da saida pra confirmar a praza. Se é asi esta cantidade estará visible tanto no evento como no documento de inscripcion.

Socios

Os socios pagan unha cuota de 10€ por ano natural. Con esta cuota poden asistir gratuitamente a todos os nosos eventos.

Queda excluido, as comidas, as saidas de mais de un dia e o seguro.

Ademais ser Socio da orde de prioridade nos eventos con aforo limitado.

Nom Socios

Os Nom Socios, poden asistir igualmente os eventos organizados polo club. Estes terán que pagar 3€ por ruta en concepto de costos.

En alguns eventos, como saidas de fin de seman ou de mais dias o costo extra pra os nom socios pode ser maior. En cada evento hai que consultar os costos pra os nom socios por si estes foran diferentes.

Dureza Das Rutas

 

Senderismo Galego cataloga a dureza das suas rutas en funcion, da distancia, do desnivel e da perigosidade.

Temos os seguintes adxetivos pra  marcar as rutas.

Baixa

Baixa Media

Media

Media Alta

Alta

Moi Alta

A baixa nom quere decir que unha persoa que nom este afeita a andar poda facela sen ningun problema, quere decir que si nom tes ningun percance fisica podela facer.

As medias son durezas que calquer sendeirista tipo medio pode facer sen problema.

Moi alta son rutas cun nivel de exixencia grande, hai que estar atento os diferentes datos que damos.

Claro está que dunhas persoas a outras muda moito estas opinions, xa que o que para uns e moi duro pra outros e un paseo de domingo.

 

 

 

Senderismo Galego Club
Apdo.341 36080
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 128 813
Mobil:      698 128 813
 
www.senderismogalego.com
 
Dirección de correo electrónico: senderismogalego@gmail.com
Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Senderismo Galego Club